CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias pediulle o voto a todos aqueles socialistas decepcionados co PSOE

Publicado o 08/11/2019 21:30

En Común Unidas Podemos celebra o derradeiro acto de campaña en Santiago.  Neste acto da capital de Galicia pechan a campaña  os cabeza de lista das candidaturas das catro provincias.
O candidato de En Común-Unidas Podemos pola provincia da Coruña prometeu en Sada apoio ao sector pesqueiro. Foi tras reunirse coas confrarías e co sector do cerco. Gómez-Reino volveu pedir o voto aos decepcionados de esquerdas.
Unidas Podemos pechou campaña en Madrid. Insiste en que Unidas Podemos será responsable e que o luns lle tenderá a man a Pedro Sánchez para formar un goberno de coalición progresista. Con todo lémbralle que non lle darán o seu apoio gratis e que é preciso un goberno que non lle deba nada aos poderosos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019