CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias non irá á Asemblea Cidadá de Podemos "para non tutelar liderados"

Publicado o 10/06/2021 10:55
Pablo Iglesias non irá á Asemblea Cidadá de Podemos "para non tutelar liderados"

Pablo Iglesias non acudirá á Asemblea Cidadá de Podemos desta fin de semana, coñecida como Vistalegre IV, en que a militancia da formación morada vai ratificar a ministra de Dereitos Sociais Ione Belarra como líder do partido, porque "a súa vontade é non tutelar a nova etapa" da formación violeta.

Así o confirmou o voceiro de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, nunha entrevista nunha emisora de radio, na que explicou que a intención de Iglesias é que eses novos liderados se asuman.

Echenique insistiu en que Iglesias é "distinto" aos líderes políticos doutros partidos políticos "e non quere asumir un protagonismo que corresponde aos novos liderados".

Pablo Igleias non participou en ningún acto e non tivo presenza pública, nin sequera nas súas redes sociais, desde o pasado 4 de maio, día en que renunciou a todos os seus cargos no partido tras o resultado electoral na Comunidade de Madrid.

A cuarta Asemblea Cidadá de Podemos celebrarase no Auditorio Paco de Lucía de Alcorcón os días 12 e 13 de xuño, día en que se coñecerán os resultados que colocarán a Belarra e o seu equipo, no que tamén está Pablo Echenique, na dirección da formación.

Desde o pasado domingo e ata o sábado 12 de xuño, case 139.000 rexistrados en Podemos están convocados a unha votación telemática para elixir o substituto de Pablo Iglesias na Secretaria Xeral do partido, con poucas dúbidas de que a súa sucesora será  Belarra.

Noticias web

10/06/2021