CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias: "Non hai plena normalidade democrática en España"

Publicado o 08/02/2021 15:12

Un novo asunto divide hoxe o Goberno de coalición: os presos do procés. Para Pablo Iglesias, ten razón o ministro de Exteriores ruso, quen asegurou que en España non hai normalidade democrática porque os líderes do proceso independentista foron condenados á cadea. 

Nunha entrevista co Diari ARA, Iglesias asegurou que, "como vicepresidente do Goberno", recoñece que "non hai unha situación de plena normalidade política e democrática en España cando os líderes políticos dos dous partidos que gobernan Cataluña un está no cárcere e o outro en Bruxelas".

Noticias web

08/02/2021