CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias nomea unha xestora en Madrid para competir contra Errejón

Publicado o 28/01/2019 12:25
Pablo Iglesias nomea unha xestora en Madrid para competir contra Errejón

O líder de Podemos, Pablo Iglesias, está decidido a competir contra Íñigo Errejón na Comunidade de Madrid e para iso nomeou unha xestora, coa que a organización estatal dirixirá Podemos na rexión e buscará pactar unha candidatura con Esquerda Unida para enfrontarse a Más Madrid.

A xestora comeza a funcionar este mesmo luns tras a dimisión o pasado venres de Ramón Espinar como secretario xeral do partido e contará con membros da súa dirección a pesar de que o xa ex-deputado madrileño era contrario á idea de replicar Unidos Podemos para concorrer ás eleccións autonómicas de maio.

A xestora, onde está o secretario xeral de Podemos na capital, o ex-xemad Julio Rodríguez, estará dirixida e controlada pola dirección estatal e terá como principal obxectivo configurar a candidatura.

En concreto, este equipo estará composto, ademais, de por Julio Rodríguez, pola conselleira estatal Ana Domínguez e os dirixentes madrileños Carolina Alonso, Dina Bousselham, Maby Cabrera, Javier Cañadas, María Espiñenta, Jesús Santos e Elena Sevillano.

 

Noticias web

28/01/2019