CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias formará parte da comisión que controla o CNI

Publicado o 22/02/2020 20:52

Pablo Iglesias, vicepresidente segundo e líder de Podemos, formará parte da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos de Intelixencia, o organismo que supervisa e regula os traballos do CNI.
Iso será a partir do próximo martes, cando se aprobe a súa composición. Deste xeito, Pablo Iglesias terá acceso aos segredos de Estado.

Ata o de agora conformaron este órgano, de acordo ao real decreto que regula a comisión, a vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, Carmen Calvo, os ministros de Asuntos Exteriores, Defensa, Interior e Economía, ademais do director de Gabinete do presidente, o secretario de Estado de Seguridade e o director do CNI. Pero a lei tamén prevé que poidan ser convocados ás reunións os titulares doutros órganos superiores que se estime conveniente.

Noticias web

22/02/2020