CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias fixa como prioridade avanzar cara un horizonte republicano

Publicado o 19/09/2020 21:13

Pablo Iglesias Vicepresidente do Goberno e secretario xeral de Podemos " Xa vos adianto que ainda que seguramente aos que forman un bloque de gobernabilidade coa extrema dereita non lles vai gustar os presutpostos que imos presentar van deixar ver a nosa influencia, van deixar ver que en España hai goberno progresista onde está Unidas Podemos"

A pesar de que non o menciona explicitamente, Pablo Iglesias está convencido de que Ciudadanos non se vai sumar ao proxecto dos orzamentos para 2021 que preparan os dous socios de goberno porque, segundo dixo, fortalecen o público e recollen avances importantes en materia de xustiza fiscal. O íder de Podemos e vicepresidente do goberno quere sacalos adainte co aoio dos nacionalistas e independentistas mentres que o PSOE non renuncia a incluir a Ciudadanos. Outra das prioridades de Podemos ten que ver coa monarquía.

Pablo Iglesias Vicepresidente do Goberno e secretario xeral de Podemos "Creo que debemos ter a valentia e a audacia para poñer sobre a mesa a necesidade de que España avance cara o horizonte dunha nova república, un horizonte republicano no que a democracia chegue tamén á xefatura do Estado"

Pablo Iglesias admite que a actual correlación de forzas no Congreso do deputados fai inviable ese cambio pero asegura que Podemos chegou á política pra facer posible o imposible.

Noticias web

19/09/2020