CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias estréase como ministro de xornada coa raíña Letizia nun acto na Coruña

Publicado o 28/02/2020 18:21

Pablo Iglesias, o vicepresidente segundo do Goberno, estreouse na Coruña como ministro de xornada coa raíña Letizia. Así é como se chama ao membro do Goberno que, obrigatoriamente, ten que estar presente en calquera acto da familia real.

Correspondíalle a el por ser ademais o ministro de Dereitos Sociais, a materia central do acto en que participou a raíña.

É a primeira vez desde que tomou posesión o Goberno de coalición que un ministro de Unidas Podemos participa nun acto da Coroa. Antes de integrarse no Goberno, Iglesias non acudira nunca, por exemplo, ás recepecións do 12 de outubro no Palacio Real.

Ao final do acto, a raíña regresou soa a Madrid. Pablo Iglesias quedou na Coruña, onde o sábado participará nun acto de partido.