CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias di que os novos Presupostos demostran que se pode facer "política de esquerdas con votos de esquerdas"

Publicado o 05/12/2020 13:51

Pola súa parte, o líder de Podemos, Pablo Iglesias, considera que os Presupostos para 2021 consolidan unha "maioría progresista e plurinacional". Iglesias salienta que acabaron por demostrar que se poden facer políticas de esquerdas fronte á "presión das tribunas mediáticas".

 

"Fronte a aqueles que formularon unha e outra vez que Unidas Podemos tiña que entregar os seus votos para que en España se puidera seguir dando iso que algúns chaman a xeometría variable e que consiste, basicamente, en poder facer política de dereitas cos votos da esquerda. Ben, pois nós non viñemos aquí para entregar votos de esquerdas para facer política de dereitas", indicou Pablo Iglesias.

Noticias web

05/12/2020