CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias asistiu ao seu último Consello de Ministros

Publicado o 30/03/2021 15:29

No último Consello de Ministros en que participa Iglesias, o Goberno aprobou unha medida do seu departamento: a repartición de 283 millóns entre as comunidades para dependencia. Nun vídeo colgado nas súas redes sociais, o líder de Podemos fai balance da súa experiencia na coalición.

Palabras de despedida tamén do presidente. Atrás quedan catorce meses de negociacións de alta voltaxe cos socialistas, de reproches, en ocasións, máis propios da oposición que dun socio de Goberno. Pasou coa Lei de vivenda, que segue estancada.

O PSOE agarda un ton máis conciliador da súa substituta, Yolanda Díaz. Coordinará os catro ministerios de Podemos e será a interlocutora con Sánchez. Mantén a carteira de Emprego e asume a vicepresidencia terceira, non segunda, como tiña Iglesias.

 

 

Noticias web

30/03/2021