CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias abandona o Goberno para ser candidato á Comunidade de Madrid

Publicado o 15/03/2021 14:00

• Propón que Yolanda Díaz o substitúa na vicepresidencia do Goberno, e a galega acepta o reto de compatibilizalo con Traballo

• Sánchez: "Yolanda Díaz conta con todo o meu apoio"

• Ayuso: "España débeme unha, saquei a Iglesias da Moncloa"

 

O vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos Pablo Iglesias anunciou este luns que deixa o Goberno para presentarse ás eleccións á Comunidad de Madrid do próximo 4 de maio co obxectivo de construír unha "candidatura forte e con carácter" e impedir que a "ultradereita" goberne.

Nun vídeo remitido aos medios de comunicación, Iglesias revela que expuxo a Sánchez que a ministra de Traballo Yolanda Díaz sexa a próxima vicepresidenta segunda do Goberno e que Belarra o revele a el como ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

O vicepresidente segundo mostrou tamén o seu desexo de que Yolanda Díaz sexa a candidata de Unidas Podemos nas próximas eleccións, "se ela así o decide". 

Iglesias dixo que se vai do Executivo co obxectivo de construír unha "candidatura forte e con carácter" de esquerdas, para o que pedirá a Más Madrid, dixo, construíren unha candidatura única aínda que cada formación se manteña independente.

"O próximo 4 de maio decídese se a ultradereita consuma o seu asalto a Madrid ou se os paramos", asegurou Iglesias, que considera que "un militante debe estar alí onde é máis útil en cada momento" e que agora o seu obxectivo é gañar o Goberno madrileño, e lembra que é un "clamor" que a xente pide unidade.

Por iso, pediu que ante "o enorme perigo" dun Executivo liderado polo PP e por Vox na Comunidade de Madrid, a esquerda teña "altura de miras" e a "responsabilidade e a humildade necesaria" para ir "todos unidos nunha candidatura que sexa capaz de gañar" a pesar das rifas co seu exnúmero dous e líder de Más País Íñigo Errejón.

"Madrid necesita un goberno de esquerdas, e creo que podo ser útil axudando a gañalo e liderándoo", asegurou Iglesias, que sostivo que a dereita "non se frea con partidos de tránsfugas" senón cunha candidatura forte e con carácter.

O aínda vicepresidente segundo dixo que "como madrileño e antifascista" será unha honra ocupar esa candidatura.

Díaz asume con "honra" o reto de ser vicepresidenta

A ministra de Traballo Yolanda Díaz enxalzou a valente decisión do líder de Podemos Pablo Iglesias de deixar o Executivo de coalición para ser candidato á Comunidade de Madrid e asume como unha "honra" o reto de ser "vicepresidenta".

Así o indicou en Twitter tras o sorprendente anuncio de Iglesias de ser candidato en Madrid e ceder nela o rango de vicepresidenta que lle corresponde a Unidas Podemos dentro da coalición e mais o próximo liderado do espazo político, ao presentala como futura candidata nos próximos comicios xerais. No seu comentario en redes, Díaz recalcou que chegaron á política para "cambiar as cousas e mellorar a vida das persoas", algo que Iglesias sempre defendeu". 

Á súa vez, lembrou que durante o último ano puxo "todo o seu esforzo na protección do emprego e das persoas traballadoras" e que a este labor, "sempre da man do diálogo social, se une agora o reto da Vicepresidencia. "Será unha honra seguir traballando neste Goberno e con Sánchez", concluíu.

Por tanto, converterase na dirixente de Unidas Podemos con máis poder institucional ao ascender ao rango de vicepresidenta. O presidente do Goberno Pedro Sánchez aceptará que Yolanda Díaz substitúa o líder de Unidas Podemos Pablo Iglesias como vicepresidenta segunda.

Casado e Ayuso, sobre a candidatura de Iglesias: "Comunismo ou liberdade"

O líder do PP Pablo Casado e a presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso reaccionaron cunha soa frase ao anuncio do vicepresidente segundo do Goberno Pablo Iglesias de que abandona o Executivo para presentarse ás eleccións autonómicas do 4 de maio: "Comunismo ou liberdade".

A presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, asegurou este luns que España "lle debe unha". "Sacamos a Pablo Iglesias da Moncloa", afirmou.

"Vou cambiar o lema de campaña; pasará a chamarse 'Comunismo ou liberdade'", dixo  Ayuso, que subliñou que Iglesias é "unha persoa afín aos independentistas, á contorna da ETA" e que "estivo actuando sempre contra a Comunidade de Madrid e contra os intereses de todos os cidadáns".

Reacción tamén do presidente da Xunta. Feijóo di que a situación de España pola pandemia require estabilidade nas institucións e non improvisacións.

Sánchez deséxalle sorte e suxire que aceptará a Díaz como vicepresidenta

O presidente do Goberno Pedro Sánchez referiuse ao anuncio de Pablo Iglesias de abandonar o Executivo para presentarse como candidato á Presidencia da Comunidade de Madrid na conferencia de prensa que ofreceu xunto ao presidente de Francia Emmanuel Macron ao termo do cume hispano-francés na localidade gala de Montauban.

O xefe do Executivo explicou que esta mañá falou con Iglesias e lle desexou sorte, e subliñou que será nos próximos días cando decidirá os cambios que implica a súa saída do Goberno. 

Pero chanceou sinalando que lle deu algo menos de sorte que ao candidato do PSOE á Presidencia da Comunidad de Madrid, Ángel Gabilondo, ao que se enfrontará Iglesias como candidato de Unidas Podemos.

Pedro Sánchez dixo ter a mellor das opinións de Yolanda Díaz e, aínda que non confirmou se será vicepresidenta segunda tal e como propuxo o líder de Unidas Podemos Pablo Iglesias, suxeriu que o aceptará porque respecta os acordos que asina.

Iglesias asegurara que informara a Sánchez da súa decisión de abandonar o Goberno antes de facela pública e da súa proposta de que a ministra de Traballo Yolanda Díaz asuma a vicepresidencia segunda e entre no Executivo Ione Belarra como titular de Asuntos Sociais.

Sánchez sinalou inicialmente que será nos próximos días cando decidirá os cambios que implica a saída de Iglesias do Goberno, aínda que afirmou ter a mellor das opinións de Yolanda Díaz.

A continuación é cando deixou entrever que aceptará que sexa vicepresidenta porque dixo que no acordo asinado con Unidas Podemos se recollía que este partido tería unha vicepresidencia.

"Non vai haber ningún problema nin malentendido. Vai haber continuidade, como non pode ser doutra forma", engadiu.

Garzón considera un "grande acerto" a candidatura de Iglesias

O ministro de Consumo e líder de EU Alberto Garzón encomiou este luns a "valentía e responsabilidade histórica" do vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos Pablo Iglesias por abandonar o Executivo para presentarse ás eleccións en Madrid, que considera "un grande acerto".

"Durante todos estes anos Pablo Iglesias ensinounos moitas cousas á esquerda. O paso que dá hoxe presentándose como candidato en Madrid para frear a ultradereita é dunha valentía e responsabilidade históricas. E un gran acerto: Si se pode!", proclamou Garzón nunha mensaxe en redes sociais.

Vox cre que Iglesias alimenta vitoria de Monasterio

Vox considera que a candidatura do líder de Podemos Pablo Iglesias á Comunidade de Madrid aumenta as posibilidades dunha vitoria de Vox. A súa presidenta en Madrid Rocío Monasterio asegurou que agora si que se vai "divertir" porque aos "comunistas" o que máis lles doe é "o voto de  Vox".

"Pois nada, máis nos divertiremos", pronunciouse na mesma liña o dirixente de Vox Jorge Buxadé, que se decatou en conferencia de prensa da candidatura de Iglesias e, como primeira reacción, preguntou se estabamos no 28 de decembro, Día dos Inocentes. E continuou: "Quizá o PSOE debería presentar a Zapatero, outra gran decisión".

Aguado tras a candidatura de Iglesias: "Ayuso, a que montaches"

O líder de Ciudadanos na Comunidade de Madrid e posible candidato á presidencia nas eleccións do 4 de maio Ignacio Aguado dixo este luns que o "capricho" da presidenta rexional Isabel Díaz Ayuso só traerá "crispación", tras coñecerse que Pablo Iglesias será tamén candidato por Unidas Podemos. E engadiu: "Ayuso, a que montaches".

Escribiuno na súa conta de Twitter despois de que o vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos Pablo Iglesias anunciase que deixará o Goberno para presentarse ás eleccións á Comunidade de Madrid o próximo 4 de maio.

El vicepresidente segundo ha mostrado también su deseo de que Yolanda Díaz sea la candidata de Unidas Podemos en las próximas elecciones, "si ella así lo decide".

Iglesias ha dicho que se va del Ejecutivo con el objetivo de construir una "candidatura fuerte y con carácter" de izquierdas, para lo que pedirá a Más Madrid -ha dicho- construir una candidatura única aunque cada formación se mantenga independiente.

"El próximo 4 de mayo se decide si la ultraderecha consuma su asalto a Madrid o si les paramos", ha asegurado Iglesias, que considera que "un militante debe estar allí donde es más útil en cada momento" y que ahora su objetivo es ganar el Gobierno madrileño, y recuerda que es un "clamor" que la gente pide unidad.

Por eso, ha pedido que ante "el enorme peligro" de un Ejecutivo liderado por el PP y por Vox en la Comunidad de Madrid, la izquierda tenga "altura de miras" y la "responsabilidad y la humildad necesaria" para ir "todos unidos en una candidatura que sea capaz de ganar" pese a las rencillas con su exnúmero dos y líder de Más País, Íñigo Errejón.

"Madrid necesita un gobierno de izquierdas y creo que puedo ser útil ayudando a ganarlo y liderándolo", ha asegurado Iglesias, que ha sostenido que a la derecha "no se la frena con partidos de tránsfugas" sino con una candidatura fuerte y con carácter.

El todavía vicepresidente segundo ha dicho que "como madrileño y antifascista" será un honor ocupar esa candidatura.