Pablo Graña soña con pelexar polas medallas nos Xogos
Publicado o 29/08/2019 16:18
Pablo Graña aceptou subir a canoa no porto de Cangas. O campión do Mundo goza do éxito cando falta un ano para os Xogos de Toquio, que están lonxe para o cangués. Tería que pasar a unha distancia 1.000 metros que non é a súa.
Nos 200 metros, demostrou xunto ao seu compañeiro Alberto Pedrero que non hai embarcación mellor. Certo, non irá aos xogos, pero ten a medalla olímpica na cabeza.
Canoísta e de Cangas, a mente se dispara a David Cal, que tamén nos seus inicios padexou cun embarcación de dous.
Hai dous anos mordía o ouro gañado no Mundial Júnior. Este dous mil dezanove repite a secuencia, agora como campión absoluto. Saiban que o futuro do piragüismo galego está nas súas mans.