CRTVG

Buscar

Pablo Dapena pon rumbo a Dinamarca para competir no Mundial de Triatlón

Publicado o 12/07/2018 10:16

Pablo Dapena viaxou a Dinamarca para competir no Mundial de tríatlon de longa distancia. O pontevedrés leva tempo preparándose de xeito exhaustivo para unha proba á que non está acostumado pero onde non renuncia a nada. 

Pablo Dapena parte rumbo a un reto enorme. O Mundial de longa distancia, 4.000 metros de natación, 120 quilómetros de ciclismo e 30 de carreira a pé.

Dapena modificou o seu traballo nas últimas semanas para se preparar para unha proba tan esixente. Porque a súa temporada estaba enfocada cara a media distancia.

Pablo Dapena, vixente campión de España de longa distancia, non renuncia a nada na proba danesa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018