CRTVG

Buscar

Pablo Dapena competirá en Dinamarca no mundial de triatlón de longa distancia

Publicado o 11/07/2018 15:49

E viaxou esta mañá a Dinamarca o triatleta pontevedrés Pablo Dapena. Alí vai disputar o mundial de longa distancia que en 2019 vaise desenvolver en Pontevedra. Tres mil metros de natacion, cento vinte quilometros de ciclismo e trinta correndo a pé. Unha distancia á que non está tan acostumado e que o obrigará a competir durante dúas horas máis do habitual. Dapena preparouse a conciencia nas últimas seis semanas e as sensacións son positivas. Ata soña con estar no podio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018