CRTVG

Buscar

Pablo Costas volve á casa tras once meses retido no Iemen

Publicado o 04/09/2021 09:58

O venres pola tarde chegaba ao aeroporto de Madrid, Pablo Costas, o mariñeiro de Bueu retido durante once meses no Iemen. Viña nun voo procedente de Exipto. No propio aeroporto deu as grazas a todos os que lle axudaron neste tempo, "a vós, a Bueu, aos familiares, e aos compañeiros do sindicato. E a tanta xente, porque está claro que sen tanta mobilización, esquecédevos", dicía emocionado.

Pablo Costas foi liberado o domingo pasado polas autoridades do Iemen, onde levaba retido dende setembro do ano pasado. Onte viaxou dende O Iemen a Exipto e esta mañá colleu un voo que o trasladou ata Madrid. 

En principio, esta tarde comparecerá nunha conferencia de prensa para relatar todo o que viviu nestes once meses.

Noticias web

04/09/2021

Máis sobre Bueu