CRTVG

Buscar

Pablo Costas, pendente dunha proba da covid−19 para voar a Galicia

Publicado o 01/09/2021 08:46
Pablo Costas, pendente dunha proba da covid−19 para voar a Galicia

Pablo Costas fará hoxe pola mañá a proba de covid−19 para poder voar a Galicia. O patrón de Bueu está xa na cidade iemení de Seiyún  dende a que vai voar ao Cairo. Non sabe aínda a data nin a hora do voo, pero a viaxe está máis preto. Dende O Cairo voará a Madrid e dende alí a un aeroporto galego. Lembramos que Costas foi liberado nas últimas horas despois de pasar 11 meses retido no Iemen xunto coa súa tripulación. Australia acusábaos de pesca ilegal.

Noticias web

01/09/2021