CRTVG

Buscar

Pablo Costas, o galego retido no Iemen, regresará a Galicia a finais desta semana

Publicado o 01/09/2021 21:45
Pablo Costas, o galego retido no Iemen, regresará a Galicia a finais desta semana

Pablo Costas viaxará mañá ao Cairo. O patrón galego retido durante 11 meses no Iemen emprenderá así, por fin, o seu camiño de volta á casa.

Mañá xoves fará aínda noite en Exipto. A embaixada española no Cairo reservoulle alí hotel. Agárdase que despois voe a Madrid e a Galicia. Pero para velo aquí quizais haxa que agardar ata o venres ou o sábado.

Noticias web

01/09/2021