CRTVG

Buscar

Pablo Costas, o galego retido no Iemen, fará mañá a proba de covid para regresar a Galicia

Publicado o 31/08/2021 21:58
Pablo Costas, o galego retido no Iemen, fará mañá a proba de covid para regresar a Galicia

Pablo Costas fará mañá pola mañá a proba de covid para poder voar a Galicia. O patrón de Bueu está xa na cidade do Iemen, dende a que vai voar ao Cairo. Non sabe aínda a data nin a hora do voo, pero a viaxe está máis preto. Dende O Cairo voará a Madrid e dende alí a un aeroporto galego.

Lembramos que Costas foi liberado nas últimas horas despois de pasar 11 meses retido no Iemen xunto coa súa tripulación. Australia acusábaos de pesca ilegal. 

 

Noticias web

31/08/2021