CRTVG

Buscar

Casado reivindica a España rural e critica as medidas económicas de Sánchez

Publicado o 31/03/2019 18:56

Acto do Partido Popular en León. Desde alí, Pablo Casado reivindicou a España rural e criticou as medidas económicas do Goberno de Pedro Sánchez. Cualificounas de "ocorrencias" que "poñen en perigo a estabilidade de España e a igualdade entre comunidades autónomas".
 
No acto participou o economista e candidato do PP ao Congreso como "número catro" por Madrid, Daniel Lacalle, quen avogou por "reverter", dixo, "os decretos do desbaldimento" do Goberno socialista.

Desde o Partido Popular defenden o seu proxecto de revolución fiscal, baseada na baixada de impostos.

Noticias web

31/03/2019