CRTVG

Buscar

Pablo Casado recrimínalle a Sánchez que celebre supostos éxitos económicos ou en Afganistán "que non o son"

Publicado o 29/08/2021 15:16

O líder do Partido Popular, Pablo Casado, abriu o curso político en Cotobade, da man de Núñez Feijoo, apelando ao que considera "eficacia" do executivo galego: "A Xunta de Galicia, que non o Goberno de España, conseguiu que nesa poboación diana xa esteades por enriba do oitenta por cento de vacinación. E a Xunta de Galicia e o Sergas tamén conseguiron que a mortaldade nesta autonomía sexa das menores en toda Europa".

Casado recriminoulle a Sánchez supostos éxitos, como o operativo de evacuación de Afganistán: "Un Goberno que agora di que temos que celebrar unha misión internacional porque foi un rotundo éxito, unha misión cumprida, algo que non fixo ningún país do mundo. Ningún mandatario mundial se atreveu a celebrar o drama, o horror que estamos vendo en Afganistán. Por suposto, que a nosas Forzas Armadas conseguiron sacar, xogando a vida, e o noso persoal diplomático a moitas persoas de Afganistán, pero eu non vin ningún mandatario que tamén o fixera gabarse disto".

O líder do PP considera que Sánchez mantén un cordón sanitario arredor do PP e que el segue apostando por grandes pactos de Estado: "Un presidente do Goberno que, como lle escapou un día en Italia, xamais poderá pactar co Partido Popular porque acabaría como o partido socialista grego ou italiano ou francés, iso cre el, desaparecendo. Nós non o cremos, por iso fomos ás conferencias de presidentes para pedir cogobernación, por iso eu fun á Moncloa varias veces para pedir pactos de Estado".

 

Noticias web

29/08/2021