CRTVG

Buscar

Pablo Casado presenta en Madrid os cabezas de lista ao Congreso polo PP

Publicado o 16/03/2019 22:10

O líder do PP, Pablo Casado, presentou este sábado en Madrid os cabeza de lista ao Congreso dos Deputados para as eleccións xerais do 28 de abril. Casado rodéase de afíns e aposta por unha renovación ampla. Dos 52 candidatos que lideraron as listas nos comicios do 26 de xuño de 2016, só repiten once.

Entre as incorporacións destacan: a ex-deputada Cayetana Álvarez de Toledo, que será número un por Barcelona; a da eurodeputada Teresa Jiménez Becerril, que liderará a de Sevilla; ou a de Juan José Cortés, pai da pequena Mari Luz, asasinada en 2008, que encabezará a de Huelva.

Tres ex-ministros de Rajoy seguen como cabeza de cartel. Repiten Ana Pastor por Pontevedra, Isabel García Tejerina por Valladolid e Rafael Catalá por Cuenca. Teodoro García Egea será o número un na candidatura por Murcia e Javier Maroto liderará a lista dos populares por Áraba. A dirección do PP di querer acometer unha "renovación tranquila", combinando experiencia e xuventude.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019