CRTVG

Buscar

Pablo Casado pídelle a Pedro Sánchez que dea explicacións no Congreso sobre a crise afgana

Publicado o 21/08/2021 14:38

Pablo Casado acusa a Pedro Sánchez de non estar á altura da confianza depositada pola UE e pídelle que dea explicacións no Congreso.

"Pero o goberno de España non está a altura desa confianza, ou o que é máis grave non está á altura da confianza dos españois, por iso non dan explicacións nin resolven os problemas". "O presidente do goberno estivo ausente e eu o que pido é que ademais deste tipo de actos, de encontros no aeródromo de Torrexón, o presidente ten que dar explicacións nas cortes xerais", di Pablo Casado, presidente do PP.

Noticias web

21/08/2021