CRTVG

Buscar

Pablo Casado pecha o acto dos populares no concello do Pino

Publicado o 04/05/2019 14:43

Tralo discurso de Alberto Núñez Feijoo, o que pechou o acto foi Pablo Casado. Era o seu primeiro acto público tralas eleccións xerais. O martes convocou a cúpula do partido e alí non puido asistir o presidente dos populares galegos. Hoxe sí coincidiron e Pablo Casado puxo a Alberto Núñez Feijóo como modelo político. Ao igual que fixera Alberto Núñez Feijoo, Pablo Casado recoñeceu erros e alentou aos militantes para que busquen a remontada nos comicios convocados para dentro de 3 semanas.
 

Noticias web

04/05/2019