Pablo Casado: "O resultado foi malo, ao PP gústalle gañar"
O líder do PP, Pablo Casado, deulles as grazas "aos 4 millóns de españois que seguen confiando no partido".
Tamén aproveitou a oportunidade para "felicitar a Pedro Sánchez e o Partido Socialista, espero que poida gobernar sen precisar os independentistas", engadiu.
Con respecto aos resultados acadados polo PP: "O resultado foi moi malo, ao PP gústalle gañar sempre, e xa levamos varias eleccións nas que estamos perdendo o noso apoio electoral. Por iso, ímonos poñer a traballar desde agora, liderando o espazo de centrodereita".
E pon a vista nas próximas eleccións "en apenas un mes imos volver ser chamados ás urnas e demostrar ao noso votante que a fragmentación fixo un goberno de Pedro Sánchez, unha boa opción para apoiar aos nosos candidatos municipais. Convencer aos españois de que seguimos sendo a mellor opción para o futuro de España".
Ademais, decidiu fixar para este martes a reunión do Comité Executivo Nacional que analizará o desastre electoral do partido nas eleccións xerais deste domingo. Antes, este luns, convocou á cúpula do partido que forma parte do comité de dirección para unha primeira valoración do revés electoral. Fontes do PP admitiron esta noite que o resultado do PP é "pésimo" pero admiten que é unha formación curtida en moitas batallas e saberá saír adiante.