CRTVG

Buscar

Pablo Casado fai campaña en Galicia apoiando o candidato do PP en Ribeira

Publicado o 19/05/2019 15:42

Pablo Casado fai hoxe campaña en Galicia. Vai dar un mitin en Nigrán canda Alberto Núñez Feijóo tras pedir o voto en Ribeira.
Alberto Núñez Feijóo defendeu que Manolo Ruíz Rivas transformou Ribeira cando non había cartos e pide unir o voto no PP para que poida seguir cos proxectos que ten en marcha para a vila e evitar que gobernen outros. E animou a que Ribeira siga sendo un dos grandes bastións, dixo, do Partido Popular.

Pablo Casado pediu o voto para o PP pola súa xestión e coñecemento do territorio, dixo, e para facer contrapeso dende os concellos e comunidades ao goberno de Sánchez. E lanza esta mensaxe aos que elixiron Ciudadanos e Vox nas eleccións xerais. E chama á participación o vindeiro domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019