CRTVG

Buscar

Pablo Casado: "España non merece novas eleccións e tampouco un presidente coma vostede"

Publicado o 11/09/2019 10:50
Pablo Casado: "España non merece novas eleccións e tampouco un presidente coma vostede"

O líder do PP, Pablo Casado, advertiu este mércores ao presidente en funcións, Pedro Sánchez, de que "España non merece unhas novas eleccións", pero "tampouco un presidente coma vostede".

Casado asegurou que a historia do Goberno de Sánchez, desde que triunfou coa moción de censura hai máis dun ano, foi "a historia dun gran baleiro" que agora ten moitos visos de afrontar un novo proceso electoral tras o do 28 de abril.

"O único bo" deste período de máis dun ano é que continúan vixentes os orzamentos que sacou adiante o Goberno do PP para o exercicio de 2018, destacou.

Para Casado, o líder socialista compareceu este mércores no Congreso despois de seis meses sen someterse a ningunha sesión de control, e por iso opinou que acode "como aprendiz de bruxo tras causar demasiadas desfeitas".

E acode, engadiu, usando a cámara baixa como "parte da tremoia" que lle permite construír "o escenario" do que, segundo as súas palabras, en verdade desexa o presidente: unha nova campaña electoral.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí