CRTVG

Buscar

Pablo Casado defende que o PP Europeo lidere as institucións da UE

Publicado o 30/06/2019 21:09

Pablo Casado, á súa chegada a unha reunión de líderes do Partido Popular Europeo previa a ese cumio, defendeu que os populares lideren as institucións comunitarias por seren os gañadores dos recentes comicios europeos e confiou en que España teña un papel importante na UE. 

 

"O Partido Popular gañou as últimas eleccións europeas, foi primeira forza en 15 países. Como Partido popular de España imos esixir dúas cuestións: primeiro que o PP lidere as principais institucións europeas e segundo que España teña un peso preponderante". Dixo Pablo Casado Presidente do PP 

 

Noticias web

30/06/2019