CRTVG

Buscar

Pablo Casado cuestiona o "triunfalismo" de Sánchez coa economía, a pandemia e a evacuación

Publicado o 29/08/2021 19:54

Tras fundirse nunha aperta con Núñez Feijoo na carballeira de San Xurxo, Pablo Casado gabou a xestión da pandemia por parte da Xunta e reivindicou a "alma galega" do PP.

Despois saltou á política estatal para manifestar que "non é ético" que Pedro Sánchez "celebre" a evacuación de Afganistán: "Un Goberno que agora di que temos que celebrar unha misión internacional porque foi un rotundo éxito, unha misión cumprida, algo que non fixo ningún país do mundo. Ningún mandatario mundial se atreveu a celebrar o drama, o horror que estamos vendo en Afganistán. Por suposto que a nosas Forzas Armadas conseguiron sacar, xogando a vida, e o noso persoal diplomático a moitas persoas de Afganistán, pero eu non vin ningún mandatario que tamén o fixera gabarse disto".

Casado afirmou que o seu partido é a única alternativa de Goberno, en alusión a Vox e Ciudadanos. Nesa liña, asegurou que lle tende a man ao executivo central en grandes temas de Estado, mentres Sánchez opta por poñerlle un "cordón sanitario" ao PP. "Un presidente do Goberno que, como se lle escapou un día en Italia, xamais poderá pactar co Partido Popular porque acabaría como o partido socialista grego ou italiano ou francés, iso cre el, desaparecendo. Nós non o cremos, por iso fomos ás conferencias de presidentes para pedir cogobernanza, por iso eu fun á Moncloa varias veces para pedir pactos de Estado".

O presidente do Partido Popular propúxolle a Sánchez que "despois de contar con 38 ministros en 39 meses" redondee a cifra cesando o titular de Interior, Grande-Marlaska. Acusouno de cometer moitas arbitrariedades, entre elas, a do achegamento ao País Vasco de 150 etarras.

Noticias web

29/08/2021