CRTVG

Buscar

Pablo Casado critica o triunfalismo do Goberno e sinala que hai "millóns de españois que non chegan a final de mes"

Publicado o 04/09/2021 14:12

Desde o Partido Popular, Pablo Casado manifestou hoxe que malia o triunfalismo que proxecta o goberno, hai moitos millóns de españois que o pasan mal. O líder do PP apuntou que os problemas económicos persisten e que aínda morren moitas persoas pola pandemia:

"Segue habendo millóns de españois que non chegan a fin de mes, millóns de mozos que non teñen traballo, millóns de pensionistas que temen para poder recibir a pensión garantida no futuro. Estamos vendo como hai autónomos e hai comerciantes que non poden pagar a factura da luz, porque estamos vendo incluso como hai familias que non entenden por que se dan como triunfais as cifras desta pandemia que nos seguen deixando, por desgraza, 150 mortos todos os días"

Noticias web

04/09/2021