CRTVG

Buscar

Casado critica a xestión da pandemia e cualifica a Illa de "ministro á fuga"

Publicado o 23/01/2021 15:07

O líder do PP, Pablo Casado, trasladouse este mediodía a Barcelona para participar no acto de presentación dos candidatos populares ás eleccións catalás, unha lista que lidera Alejandro Fernández.
No seu discurso, Casado denunciou que o presidente do Goberno e o ministro de Sanidade estean de campaña electoral en Cataluña negando, dixo, a "evidencia" dunha "pandemia que vai mal e que está mal xestionada". O líder do PP subliñou que a cifra de contaxiados e de falecidos "é inadmisible" e cualificou a Salvador Illa de "ministro á fuga".

Noticias web

23/01/2021