CRTVG

Buscar

Pablo Casado: "O que saia vai condicionar o futuro do país para os próximos catro anos"

Publicado o 28/04/2019 14:13

O candidato á presidencia do Partido Popular, Pablo Casado, despois de votar canda a súa muller, Isabel Torres, no colexio Nuestra Señora del Pilar de Madrid. Casado pediu aos cidadáns que haxa "máxima participación" e que voten "con cabeza" nas eleccións "máis decisivas para o futuro de España dos últimos tempos". 

"Gustaríame que saíse un Goberno estable para evitar as lexislaturas frustradas dos últimos anos", sinalou Casado. Destacou tamén que é "fundamental" que todos os españois participen porque "o que saia nas urnas vai condicionar o futuro de España para os próximos catro anos".

Noticias web

28/04/2019