Casado afirma que o PP é a "estabilidade" e os socialistas de Sánchez, a "inseguridade"
Publicado o 20/04/2019 21:41
Pablo Casado arremeteu este serán en Almansa contra Pedro Sánchez, por apoiarse para gobernar nos partidos independentistas e nos comunistas, os que cualificou de esquerda exquisita. Dixo que fan leis para protexer os que as incumpren.
Casado apuntou que o PP representa estabilidade e os socialistas de Sánchez, dixo, inseguridade, desequilibrios territoriais, desacatos xudiciais e empobrecemento da clase media, a que maltratan, sinalou, con subas de impostos e unha maior presión fiscal.