CRTVG

Buscar

Pablo Casado acusa a Sánchez de "electoralismo" nos pagamentos ás autonomías

Publicado o 21/09/2019 21:05

O PP sinala que se están "traspasando todas as liñas en democracia" ao desbloquear unhas entregas a conta para as autonomías negadas ata agora. Pablo Casado considera que é un caso de "instrumentalización electoralista" e puxo outros exemplos, como o CIS, a televisión pública, os reais decretos e as pensións.

Pablo Casado: "Estamos a favor de que se entregue, por suposto, ese diñeiro, pero o que ata catro días era impoible e había un informe da Avogacía do Estado que o facía imposible, porque agora haxa eleccións o Goberno de España diga que pode comprar vontades electorais cos cartos que pagaran xa todos os contribuíntes destas autonomías, pensamos que é un paso máis na instruimentalización moi negativa das institucións e dos recuros públicos para facer campaña"

Desde Ciudadanos, Ignacio Aguado coincide en que a medida busca o "rédito electoral" tras "estrangular financeiramente as comunidades autónomas e poñer en xaque os servizos públicos" e o pagamento a provedores.

Ignacio Aguado: "O señor Sánchez e o seu goberno estanse rindo das comunidades autónomas. Estanse rindo dos conselleiros de Facenda e o máis preocupante é que se están rindo dos españois, porque desde logo no caso concreto da comunidade de Madrid non recibimos ningunha instrucción, ningunha comunicación por parte do Goberno de España. Non nos parece de recibo que o primeiro que fagan sexa acudir aos medios de comunicación para anunciar un pagamento que oficialmnte non se lle comunicou á comunidade".

Tamén hoxe se pronunciou o presidente catalán, Quim Torra, a través de Twitter. Torra alude a un "engano tras engano" e segue escribindo: "Chantaxes, porque ata que non haxa goberno non poden pagar e agora aparece unha fisura milagrosamente ao empezar a campaña electoral. Vergoña, cabaleiros, vergoña."

Noticias web

21/09/2019