Pablo Arangüena recrimínalle ao Concello Coruña que continúe sen pagar as cotas
Publicado o 04/12/2020 17:46
O número dous do PSdeG volveu hoxe á Coruña, onde recriminou de novo á alcaldesa Inés Rey e os membros do grupo municipal que continúen sen pagar as cotas.
Pablo Arangüena lémbralles que seguen en situación irregular e polo de agora non quixo anticipar posibles consecuencias se continúan sen facer as contribucións.
"Todo o partido, tanto en Galicia coma en Ferraz, é coñecedor da situación da Coruña. Ninguén está por riba do partido nin da ética do partido. Os cargos non son cheques en branco. Todo o partido ten que actuar con exemplaridade", dixo Arangüena.