CRTVG

Buscar

Pablo Arangüena (PSOE): "É lexítimo falar con ERC, sempre dentro da Constitución"

Publicado o 03/12/2019 11:37

O PSdeG-PSOE mantivo o 10-N os dez deputados das eleccións de abril. Un deles é Pablo Arangüena, deputado pola provincia da Coruña.

"Faremos todo o estea na nosa man para que, agora sí, teñamos un Goberno. E necesitamos un Goberno, este país non pode seguir máis tempo sen Goberno".

"Os números son os que son; hai 26 partidos neste momento no Congreso, record histórico na democracia. O que non pode facer o presidente do Goberno e o PSOE son milagres".

"Se non se conta co apoio, como nunca se contou, por parte das forzas da dereita para propiciar unha saída e desbloquear, hai que recurrir a todas as forzas para sumar"

"É lexítimo falar con ERC, sempre dentro da Constituación".

"A industria galega,  o Ave, e o estatuto das electrointensivas son algunhas das prioridades do novo Goberno. É unha urxencia temén porque o estatuto das electrointensivas quedou a piques de ser aprobado, entendo que encanto haxa Goberno, ese tema vaise desbloquear rapidamente"

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019