CRTVG

Buscar

Pablo Arangüena: "Ningún gobernante, ningún partido, no seu xuízo adoptaría esta decisión se tivese outro remedio"

Publicado o 18/09/2019 11:12

Pablo Arangüena, coordinador dos deputados galegos do PSOE no Congreso, asegurou desde Madrid, nunha entrevista no Bos días, que comparte a opinión de Sánchez de fixo todo o posible para evitar as eleccións: "Estou absolutamente convencido disto, porque un presidente que toma esta decisisión, cun risco evidente, tómao porque ten bos motivos para facer o que se está a facer. Non había outra opción".

Arangüena reparte culpas a dereita e esquerda: "O certo é que o bloqueo funcionou polas dúas bandas. No lado dereito empezando polo PP, que en ningún momento estivo disposto a facer o que si fixo o PSOE no 2016, por responsabilidade, tomando a decisión de absterse. Ciudadanos fixo unha oferta en tempo de desconto, cando levaba cinco meses dicindo que non pactaría nada coa que eles chamaban a 'banda de Sánchez', polo tanto, esa oferta non tiña ningunha credibilidade. E, pola outra banda, todos son conscientes de que se lle fixo unha oferta moi xenerosa a Unidas Podemos, que rexeitaron".

O deputado socialista inssiste en que se estamos nesta situación é porque non houbo outra opción: "Ningún gobernante, ningún partido, no seu xuízo adoptaría esta decisión se tivese outro remedio, soamente polo risco que corremos. Pero o que fai falta neste país non é un goberno para unha investidura, senón para unha lexislatura. Non ten sentido adoptar unha saída mal feita para dentro duns meses volver esta nesta situación".

Arangüena negou que Sánchez queira ir unha convocatoria electoral por estratexia política: "Evidentemente, as enquisas pesan nas decisións, pero creo que ese non foi a decisión principal, senón a necesidade dun goberno sólido e solvente. Este país ten desafíos importantes por diante e para iso necesita ese goberno".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí