CRTVG

Buscar

Oviedo resolve o partido contra o COB dende a liña de tres (69-82)

Publicado o 07/11/2020 09:57

Catorce triplas cunha porcentaxe do sesenta por cento (14 de 26) foi o fáctor determinante para que o Oviedo levase o triunfo da pista do Ibereólica Renovables Ourense. Pola contra os ourensáns tiveron un mal día no lanzamento exterior (3/12). 

A entrada no partido foi inmellorable para os locais (9-2) pero deseguido o partido igualouse (21-20 no primeiro cuarto). O COB mantívose por diante toda a primeira metade e chegou a ter seis puntos de marxe (33-27) pero na última acción do segundo cuarto Oviedo conseguía poñerse por diante cunha tripla (39-42).

O segundo tempo foi un querer e non poder do COB, sempre a remolque. Oviedo foi marcando diferenzas pouco a pouco ata conseguir poñerse cunha diferenza superior aos dez puntos no treito final do terceiro período (52-64). Xa non habería opcións para o equipo de Gonzalo García que contou con Joseph como máximo anotador con 19 puntos. 

Noticias web

07/11/2020