CRTVG

Buscar

Outros tres anos de cadea para dous dos cinco membros da Manada

Publicado o 25/06/2020 14:23
Outros tres anos de cadea para dous dos cinco membros da Manada

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra ratificou a condena de tres anos e tres meses para dous dos cinco membros da Manada que gravaron a violacion en grupo dunha moza no San Fermín do 2016.

A sentenza confirma a que xa ditara a Audiencia de Navarra, que acusou a Antonio Manuel Guerrero e Alfonso Jesús Cabezuelo dun delito contra a intimidade por gravar varios vídeos e facer fotografías daquela violación grupal.

Por eses feitos, os cinco integrantes da Manada foran condenados a quince anos de cadea.

 

Noticias web

25/06/2020