CRTVG

Buscar

Outros dous novos gromos familiares no concello de Ourense

Publicado o 06/09/2020 21:18

Os positivos no concello de Ourense non deixan de medrar. Esta tarde o SERGAS informou de dous novos gromos de caracter familiar.

Nunha semana dectectáronse unha decena de focos, o máis grande segue sendo o do barrio de Mariñamansa, que ascende hoxe a 30 persoas contaxiadas. Hai outro gromo de 17 positivos, dous deles hospitalizados.

No concello ourensán de Riós, hai activos dous abrochos familiares. O máis importante sobe a once afectados, de todas as idades, que se contaxiaron nunha comida familiar celebrada en Castrelo do Val.

As autoridades sanitarias repiten a importancia de non esquecer as medidas de prevención tamén nas xuntanzas cos amigos e a familia.

Esta tarde soubemos ademais doutro gromo familiar en Verín con cinco positivos, todos menores de 37 anos. En total na provincia de Ourense hai hoxe 429 casos activos, 24 novos dende onte, cinco deles na UCI.

Noticias web

06/09/2020