CRTVG

Buscar

Outros atentados perpetrados con vehículos en Europa

Publicado o 19/06/2017 09:16

May fala de posible atentado terrorista.Estes son os atentados con vehículos efectuados recentemente en Europa.

O previo a este de Londres ocorreu en Suecia. Foi o sete de abril deste ano. Na principal rúa peonil de Estocolmo unha camioneta matou dúas persoas.

Antes, en marzo, un home matou na ponte de Wesminster, tamén en Londres, cinco persoas antes de ser abatido pola policía. Levou por diante decenas de viandantes co seu todoterreo e disparoulle a un policía.

O ano pasado, en decembro, doce persoas morreron nun mercado de Nadal en Berlín atropeladas por un camión. Houbo tamén decenas de feridos.

Tamén en 2016, o 14 de xullo, 84 persoas faleceron e un cento resultaron feridas cando un camión arrasou con todo o que se poñía ao seu paso no paseo marítimo de Niza durante a celebración da Festa Nacional de Francia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017