CRTVG

Buscar

Outros 50 inmigrantes chegaron ás Canarias nas última horas

Publicado o 23/11/2020 14:37

Tras varios días sen embarcacións, nas últimas horas volveron chegar ás Canarias. Unhas 50 persoas. 8 tiveron que ser hospitalizadas, dous en estado grave.

Todos foron trasladados a Arguineguín, onde a semana pasada chegou a haber 2.500 inmigrantes. Hoxe quedan uns 600 despois dos traslados a outros puntos da illa. Mentres, segue o debate político.

O ministro do Interior non cre que a mensaxe de Iglesias, instando a un referendo no Sáhara, tivese consecuencias na actuación de Marrocos.

O Goberno cre que a pandemia agravou aínda máis un problema estrutural que xa era moi complexo e pide máis implicación da Unión Europea, sobre todo actuando nos países de orixe.

Noticias web

23/11/2020