CRTVG

Buscar

Outro xefe dos Mossos confirma que Puigdemont proclamaría a independencia nun escenario violento

Publicado o 04/04/2019 15:52

O número tres de Trapero asegura que o operativo dos Mossos para o un de outubro foi pactado co coordinador, o coronel Pérez de los Cobos, e que o obxectivo do corpo era cumprir a legalidade. O comisario tamén negou que os Mossos espiasen a policía, e confirmou a resposta de Puigdemont á advertencia que lle fixo o daquela maior dos Mossos.

Joan Carles Molinero, comisario dos Mossos: "Máis ou menos dixo, espero, president, que o domingo non teñamos que lamentar unha desgraza importante. O presidente da Generalitat dixo que, se se daba esta situación límite, posiblemente procedería a declarar a independencia de Cataluña naquel momento".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019