CRTVG

Buscar

Outro temporal cargado de auga e vento

Publicado o 02/02/2021 14:55

Xa perdemos a conta de cantos levamos, pero saiban que hoxe volve visitarnos outro temporal.  E trae chuvia dabondo e moito vento, sobre todo pola tarde. 

Agárdase a chegada dunha nova fronte moi activa. Esta fronte deixa avisos por vento, chuvia e ondas con altura superior aos oito metros.

Terá maior incidencia no litoral, nas provincias da Coruña e de Pontevedra. No interior, na alta montaña, tamén haberá chuvia e fortes refachos de vento.

Noticias web

02/02/2021