Outro episodio de "turismo de borracheira" en Madrid aviva a polémica polas esmorgas nocturnas
Son imaxes que se converteron en virais a través de Twitter, con mozos de rexouba berrando a pleno pulmón onte á noite no centro de Madrid. Trátase dun grupo de franceses que xera unha corrente emulativa á que se unen todos os que enchen a rúa sen respectar as medidas sanitarias. "Pechan os bares e quedan aquí na rúa", di unha moza desde un balcón, que admite que o fan "con toque de queda e todo".
A policía municipal puxo multas, pero curiosamente todas a cidadán españois. E non faltan as voces que indican que as forzas da orde ou son escasas ou están desbordadas. "Hai control? Si, iso si, pero controlar a todo o mundo eu creo que non se pode", comenta outra rapaza.. "Dá rabia, produce moita cólera, porque a xente non respecta". confesa unha veciña afectada.
O que xa se coñece como "turismo de borracheira" concéntrase en Madrid centro, nunha zona moi concreta da capital, entre Sol e a praza de Santa Ana.. "Esta zona, concretamente a praza de Santa Ana, a praza do Anxo, todos os arredores da praza Maior, toda esta zona, claro, aquí hai moitos bares e restaurantes e entón hai moita xente".
A escasa distancia dese territorio da polémica, boa parte dos cidadáns viven unha cidade ben distinta, máis respectuosa e silenciosa."Hai pouco, a partir das once está Madrid completamente baleira", asegura unha señora que vive nunha área próxima.
Son as distintas percepcións sobre unha urbe que cobrou sona de permisiva en Europa.