CRTVG

Buscar

Trece días seguidos sen mortes por coronavirus en Galicia e baixan os casos activos a 335

Publicado o 23/06/2020 21:07
Trece días seguidos sen mortes por coronavirus en Galicia e baixan os casos activos a 335

Unha xornada máis, Galicia non rexistra novos falecementos por coronavirus. O total de vítimas mortais mantense dende hai trece días en 619 (345 en hospitais e 274 en residencias de maiores).

Ademais, volven baixar os casos de coronavirus tras as lixeiras repuntas das xornadas anteriores. A comunidade rexistra un total de 335 casos activos por coronavirus, segundo os datos ofrecidos polo Sergas.

Deles, 108 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Son 8 casos menos ca onte en toda Galicia. Na área de Santiago, qué onde se está a tratar o brote de Ribeira, hai tres casos máis.

Dos casos positivos, 4 están hospitalizados, ningún en coidados intensivos, e 331 nos seus domicilios. A cifra de curados ascende a 10.545, dez máis ca o luns.