CRTVG

Buscar

Tres mulleres denuncian un dos detidos pola violación grupal de Alacante

Publicado o 09/01/2019 21:37

Tres mulleres denunciaron un dos detidos pola presunta violación grupal dunha moza de 19 anos, ocorrida en Callosa durante a pasada Noitevella. 

Os catro foron arrestados en plena agresión grazas a que a irmá dun deles chamou a policía. Ao día seguinte, unha menor de 17 anos presentou unha denuncia contra un deles por intentar agredila o pasado mes de outubro, tamén en Callosa. A rapaza conseguira fuxir e pedir axuda a outras persoas. 

E nestes dias, outras dúas mulleres, que foron parella de dous dos detidos, tamén os denunciaron por agresión sexual. 

 "Desde o principio a Garda Civil foi perfectamente consciente desde o primeiro minuto de que esta era unha situación en que podía haber máis feitos delituosos polo modus operandi, de que podía, ademais, afectar algún individuo máis e niso están, estanse investigando as denuncias que se recibiron, denuncias que xa estaban presentadas e eu creo que teremos resultados en moi pouco tempo", di o delegado do Goberno na comunidade de Valencia.

Segundo contou a súa avogada, un dos detidos declarou que non lembraba nada do sucedido porque aquel día consumiu drogas e alcol. E sobre o vídeo da agresión, a avogada di que non se ven as caras, só a roupa de cada un dos participantes. Pola súa parte, o avogado da vítima asegura que o vídeo constitúe unha proba evidente de que súa defendida foi vítima dunha violación grupal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019