CRTVG

Buscar

Cantabria, Euskadi, A Rioxa, Valencia e Aragón inician un curso marcado pola covid-19

Publicado o 07/09/2020 14:29

O venres Madrid e Navarra adiantábanse ao resto de comunidades e este luns outras cinco, Cantabria, Euskadi, A Rioxa, Valencia e Aragón abrían os seus centros de ensino para iniciar un curso escolar condicionado polas medidas anticovid-19.

Grupos máis reducidos, acceso dos escolares por diferentes lugares, toma de temperatura e lavado de mans obrigatorio son algunhas que se repiten en todos os centros.

Na localidade cántabra de Santoña, confinada por un gromo de coronavirus, a asistencia de alumnos aos centros foi mínima e na valenciana de Benigámin as clases son por Internet mentres dure a corentena.

A incidencia da pandemia segue sendo moi desigual e en Cataluña, por primeira vez en varios días, os novos contaxios detectados baixan de mil, 956 confirmados por pobas PCR nas últimas 24 horas e dous mortos.

O máis positivo é que o risco de repunta continúa en fase descendente e baixa cinco puntos.

Noticias web

07/09/2020