CRTVG

Buscar

Outra vítima do Chicle fala á saída do xuízo

Publicado o 13/11/2019 14:29

Ao remate da sesión desta mañá no xuízo contra José Enrique Abuín Gey houbo varias declaracións ás portas do xulgado. O avogado da familia de Diana Quer comentou a pauta de conduta utilizada polo Chicle noutros casos con finais menos tráxicos, como o da moza de Boiro, polo que xa foi condenado, ou de Rosa Elvira, outra vítima que compareceu hoxe como testemuña.

"Non o soporto, ver ese tipo de xente. E grazas a Deus que estou aquí. Seguramente houbo outras vítimas. Espero que a xustiza poña man dura con estas cousas", lamenta Rosa Elvira.

"Quero acompañar esta familia. Darlle moitos ánimos porque a miña está aí, pero eles non a teñen", di a nai da moza de Boiro.

Segundo Ricardo Pérez Lama, o avogado da familia de Diana Quer: "Esa foi a nosa intención. Citámolas para observar cal é a pauta de conduta del, os perfís das vítimas e o modus operandi".

Finalmente, escoitamos a Blanca Estrella Ruiz, presidenta da asociación Clara Campoamor, quen defendeu a prisión permanente revisable: "É forte oír alguén que lle violaron a irmá ou a curmá e dicir ao final, a preguntas da defensa do presunto, que o aprecia. Como se pode apreciar un violador? E un violador que se sabe as consecuencias do que fixo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019