CRTVG

Buscar

Outra protesta no Cumio do Clima reclama medidas máis eficaces dos gobernos

Publicado o 07/12/2019 21:14

Os expertos alertan sobre a diminución do osíxeno oceánico

• O Cumio segue ofrecendo unha versión de protestas na rúa

Esta tarde centos de persoas cortaron a Gran Vía madrileña para pedir dos gobernos "medidas efectivas" máis aló das proclamas retóricas. Aínda non se apagaron os ecos da manifestación de onte e hoxe a plataforma internacional Extintion Rebellion convocaba esta protesta de carácter festivo que tiña como obxecto lanzar unha "mensaxe de desobediencia".

Din que ainda que cada vez hai máis xente concienciada, falta unha implicación real de gobernos e empresas. Critican que despois de celebrar numerosos cumios climáticos as medidas consensuadas "nin se cumpren nin son eficaces".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019