CRTVG

Buscar

Outeiro de Rei, Begonte e Castro de Rei comparten camións do lixo eficientes

Publicado o 13/05/2019 16:19

Esta mañá, o camión do lixo andaba facendo a recollida por Outeiro de Rei, concello que comparte o servizo cos de Begonte e Castro de Rei, unha iniciativa innovadora coa que abarataron o custo. Pero, ademais, tiñan unha aposta cando o sacaron a concurso: esixían un servizo máis sostible e seguro.

"Tamén se reduciu a contaminación acústica. Excepcionalmente déixannos subir ao camión. Unha pantalla permítelle ao condutor ver que pasa atrás".

Tamén se puxeron colectores novos. 1.200 verdes, 900 amarelos e 100 azuis, para seguir incentivando a selección do lixo entre a poboación, algo absolutamente necesario para unha correcta reciclaxe.

Noticias web

13/05/2019