CRTVG

Buscar

A viguesa Susana Rodríguez, ouro nas paralimpíadas en triatlón

Publicado o 28/08/2021 06:45

• A triatleta galega arrasa na proba paralímpica de Tokyo

A viguesa Susana Rodríguez, ouro nas paralimpíadas en triatlón

Número un do ránking mundial, campioa de Europa, campioa do Mundo. Só lle faltaba unha gran proba no seu palmarés e a triatleta galega Susana Rodríguez Gacio xa ten a medalla olímpica que tanto quería. E ademais é de ouro logo de arrasar ás súas rivais. 

Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Loehr sacáronlle máis de 4 minutos á súa principal perseguidora, a italiana Ana Barbaro que tivo que xogarse a prata coa francesa Annouk Curzillat. 

A doutora Rodríguez Gacio quedara cun diploma olímpico no Río pero preparou a cita de Tokio con mimo, deixando o seu traballo no hospital e centrándose nun obxectivo que agora xa ten no peto. 

Gustavo Rodríguez, prata en categoría masculina

O tudense Gustavo Rodríguez Iglesias, guía de Hector Catalá pendurou a prata en categoría masculina logo de facer unha gran remonta no último sector. Así pois, xornada redonda para o triatlón español con dúas medallas na categoría PTVI.